miércoles, 12 de noviembre de 2008

Monte Medulio

As esporádicas expedicións romanas non conseguían internarse máis en territorio galaico, sendo a única significativa a de Publio Licinio Craso. Xulio César foi designado Propraetor da Hispania Ulterior. No ano 61 a. C. retoma o avance cara o norte, penetrando na rexión lusitana situada entre os ríos Tajo e Douro, e de forma personal conduce unha incursión marítima que arrivaría a Brigantium. Non obstante, o interior do territorio galaico continúa unha resistencia que recrudécese na súa última etapa durante a campaña de César Augusto entre os anos 39 ao 24 a. C., da que sería o seu exponente máis significativo a batalla do Monte Medulio, na que os últimos guerreiros resistentes suicidáronse durante o sitio. Aínda hoxe a situación xeográfica do Monte Medulio é controvertida.Uns sitúano no concello de Lena ou no Picu Cervera, en Asturias.Outros cerca do Bierzo. Sen embargo Pulo Orosio sitúano cerca do Miño. Tamén o xesuíta Eutimio Martino sitúao na Serra de Peña Sagra, en Cantabria. Isto impediría a declaración da Pax Romana ata o ano 23 a. C., se ben a resistencia proseguiría nas áreas fronteirizas astures e cántabras ata o 19 a. C.

Fonte:

1. Internet

No hay comentarios: