lunes, 17 de noviembre de 2008

Creación da Gallaecia

A cohesión social e territorial definida polos celtas no territorio galaico manteríase durante toda a romanización. Unha importante aportación sería a infraestructura viaria composta de pontes e calzadas. Ao longo destas vías había mansións e estacións de descanso para as tropas, que foron a orixe de numerosas vilas. As vías principais eran catro e enlazaban as cidades fundadas por Augusto co resto dos dominios romanos. Estas tres cidades, Lucus Augusti (Lugo), Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), quedarían unificadas baixo unha única provincia: Gallaecia. Foi durante esta época cando a Gallaecia alcanzou as suas máximas fronteiras, chegando polo oriente ata as fontes do río Ebro.
A romanización da cultura galaica produciuse tamén na lingua e a relixión. Aínda que na lingua o sustrato gaélico orixinal acabaría disolvéndose no latín, mantivéronse as raíces de topónimos e antropónimos. No caso da relixión, o fenómeno foi o contrario.

Fonte:

1. Internet

jueves, 13 de noviembre de 2008

Evolución da Gallaecia

Unha vez finalizados os enfrontamentos bélicos, iniciouse unha fructífera romanización que prolongaríase durante os seguientes catro séculos, iniciándose oficialmente entre os anos 64 e 70 cando Vespasiano converte en pobo romano aos 451.000 gallaicos. Desta forma, os castros transformaríanse nas villaes e a poboación incorporaría as novas tecnoloxías, como a arquitectura, a agricultura baseada no arado, o Dereito romano ou a minería. Neste último aspecto cabe destacar o sistema de extracción de metais denominado ruina montium, que consistía en excavar túneles nos montes, polos que se introducía de golpe a auga de embalses preparados ao efecto, reventando o monte e rescatando augas abaixo os minerais valiosos (específicamente, o ouro).
Fonte:
1. Internet

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Monte Medulio

As esporádicas expedicións romanas non conseguían internarse máis en territorio galaico, sendo a única significativa a de Publio Licinio Craso. Xulio César foi designado Propraetor da Hispania Ulterior. No ano 61 a. C. retoma o avance cara o norte, penetrando na rexión lusitana situada entre os ríos Tajo e Douro, e de forma personal conduce unha incursión marítima que arrivaría a Brigantium. Non obstante, o interior do territorio galaico continúa unha resistencia que recrudécese na súa última etapa durante a campaña de César Augusto entre os anos 39 ao 24 a. C., da que sería o seu exponente máis significativo a batalla do Monte Medulio, na que os últimos guerreiros resistentes suicidáronse durante o sitio. Aínda hoxe a situación xeográfica do Monte Medulio é controvertida.Uns sitúano no concello de Lena ou no Picu Cervera, en Asturias.Outros cerca do Bierzo. Sen embargo Pulo Orosio sitúano cerca do Miño. Tamén o xesuíta Eutimio Martino sitúao na Serra de Peña Sagra, en Cantabria. Isto impediría a declaración da Pax Romana ata o ano 23 a. C., se ben a resistencia proseguiría nas áreas fronteirizas astures e cántabras ata o 19 a. C.

Fonte:

1. Internet