lunes, 17 de noviembre de 2008

Creación da Gallaecia

A cohesión social e territorial definida polos celtas no territorio galaico manteríase durante toda a romanización. Unha importante aportación sería a infraestructura viaria composta de pontes e calzadas. Ao longo destas vías había mansións e estacións de descanso para as tropas, que foron a orixe de numerosas vilas. As vías principais eran catro e enlazaban as cidades fundadas por Augusto co resto dos dominios romanos. Estas tres cidades, Lucus Augusti (Lugo), Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), quedarían unificadas baixo unha única provincia: Gallaecia. Foi durante esta época cando a Gallaecia alcanzou as suas máximas fronteiras, chegando polo oriente ata as fontes do río Ebro.
A romanización da cultura galaica produciuse tamén na lingua e a relixión. Aínda que na lingua o sustrato gaélico orixinal acabaría disolvéndose no latín, mantivéronse as raíces de topónimos e antropónimos. No caso da relixión, o fenómeno foi o contrario.

Fonte:

1. Internet

No hay comentarios: