miércoles, 15 de octubre de 2008

A conquista de Galicia polos romanos

A cohesión social e territorial da cultura castrexa explica a extraordinaria resistencia dos galaicos á dominación romana, que se prolongou durante máis dun século cando esta xa se extendía polo resto da Hispania.
Así constátano diversas crónicas, como as de Orosio, que conta cómo no ano 137 a. C., o Praetor Décimo Xunio Bruto iniciou unha campaña de castigo debido as continuas incursións bélicas e de saqueo celtas na área romana lusitana. Por esta campaña, na que houbo de enfrentarse con 60.000 gallaicos no río Duero, volveu a Roma convertido en heroe, polo que foi chamado 'Gallaicus'. Nese mesmo ano, as lexións romanas chegarían ao río Limia, que ao identificalo ao río Lethes da mitoloxía romana, sólo puido ser cruzado cando o Praetor chamou polos seus nomes aos seus soldados para demostrar que non había perdido a memoria. O avance hacia o norte deteríase ao ano seguinte ao chegar ao río Miño, onde os gallaicos provocaron o repliegue romano cara o sur.

Fonte:



1. Internet



Wikipedia

lunes, 6 de octubre de 2008

Periodo romano

Ao acabar as Guerras Cántabras, incorporouse con parte dos novos territorios á provincia de Lustiania Ulterior, para pasar máis tarde á Tarraconense. Nese momento, a Gallaecia estaba formada por Lucensis e Bracarensis.
En 214 Antonino Caracalla creou a provincia Hispania por división da Tarraconense. Isto suporá que aos dous conventos galaicos añadiuselle o Asturicensis. A mediados do século IV a xa provincia Gallaecia vería incrementado o seu territorio cun novo convento, o Cluniacensis.
A comezos do século V a Gallaecia foi ocupada polos suevos e os alanos. Estos bárbaros estableceron reinos en territorio romano a través de pactos co poder imperial. O rey suevo Hermerico firmou un foedus co Imperio mediante o cal se convertía en federado de Roma, ocupando a provincia de Gallaecia e aceptando ao Emperador como o seu superior. A parte occidental da Gallaecia foi para os suevos e a oriental correspondeu aos alanos. Enfrentados ambos, Hermerico foi derrotado polos alanos nos montes Nerbasos.
Con elo, a antigua Gallaecia chegou o seu fin. O reino suevo quedaría restrinxido á Galicia actual, o norte de Portugal e extremo occidental de León, en tanto que o resto de territorio quedou baixo dominio visigodo ou das propias elites hispanorromanas.

Fonte:

1. Internet

Wikipedia

viernes, 3 de octubre de 2008

Gallaecia

Gallaecia foi orixinalmente o nome co que os romanos identificaron ao territorio situado no extremo noroccidental da Península Ibérica habitado por pobos indoeuropeos de lingua céltica denominados galaicos. Anos despois da culminación da conquista romana, coa nova división administrativa de Diocleciano, estivo formada polos conventos Lucensis, Bracarensis e Asturicensis. Co tempo, no século IV, a Gallaecia chegou a incluír o antigo conventus cluniacenesis, abarcando así todo o norte de Hispania. Independentemente da evolución territorial asociado a dito nome, este acabaría por derivar en lingua española ata nomear a actual Galicia, a pesar de non corresponderse ao antigo territorio romano.

Fonte:

1. Internet

Wikipedia